sábado, 22 de maio de 2010

Carrusel de diapositivos: Catro Fotos da Fraga d'O Pico Vello

[Clicar acima da imaxe para entrar no Carrusel de diapositivos en alta resolución]

Fonte: Galería de puentebello
_____________

quinta-feira, 20 de maio de 2010

Fotos da Charla d'A capela, do 13 de Maio de 2010



Visitar o enlace na Galería de bocagei ten interesantes comentarios.

A FRAGA DE PICO VELLO: un espazo a protexer on Flickr - Photo Sharing!
No lugar de Pico Vello (Goente - As Pontes), de grande biodiversidade e incalculable valor natural e ecolóxico, a empresa de capital anglo-sudafricano ... - www.flickr.com/photos/bocagei/4586276327/
_______________

terça-feira, 18 de maio de 2010

Video Libertario do Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello, deste 15 de Maio de 2010


rubendeferrol — 17 de maio de 2010 — Vídeo realizado por Unión Libertaria do roteiro contra a mina de andalucita en Picovello organizado por varias entidades ecoloxistas o 15 de Maio de 2010.

+ info:

www.reganosademolizon.org
www.picovello.blogspot.com
_____________________

Galería Fotográfica do Roteiro deste 15 de Maio de 2010, pola Fraga d'O Pico Vello

Goente - As Pontes 15 de Maio de 2010

Xoán Porto amosa-nos unha excelente Galería Fotográfica do Roteiro deste Sábado 15 de Maio de 2010, realmente é unha reportaxen fotográfica que recolle o acto e o lugar en toda a súa inmensidade. Amosa-nos detalles de lecer, reivindicativos, formativos, paisaxísticos, ... Agasalla-nos unha mostra fotográfica do Museo Etnográfico d'A Capela. Son realmente 120 instantáneas con moita beleza e contido.

[Clicar acima da imaxe para entrar na Galería]

Galería de Diapositivos en alta resolución

Fonte: Galería de Xoán Porto

Feed

AtribuiçãoNão-comercial - Nenhum trabalho derivado Algúns direitos reservados
______________________

domingo, 16 de maio de 2010

Galería Fotográfica do Roteiro pola Fraga d'O Pico Vello, realizado o 15 de Maio de 2010


As fotos son todas de Anton Marcal

Enlaces relacionados:
___________________

Foto da Charla n'A capela sobre a Fraga d'O Pico Vello - 13 de Maio de 2010

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Foto tirada do Facebook "NON á mina de andalucita nas Fragas do Eume", postada por Serxio Paz Roca

Lenda:
"Casa da Cultura da Capela hoxe ás 20 horas na charla informativa sobre o que acontecería no mundo se se construíse a mina de andalucita a 50 metros das Fragas do Eume".

Catro comentarios:

Lucía Dopico
A charla estivo moi ben, pena de non poder asistir Pedro, o cal sempre é un pracer escoitar. A xente ten que saber o que se perde ca mina, deberíase de organizar unha charla tamén nas Pontes, para abrirlles a mente a uns cantos.
sexta às 01:14·

Carlos Lopez
Foi moi instructiva, e espero que se repita nos outros concellos implicados, coma Fene, que é de onde son eu, pero hai que facer o que faga falla para que non nos fagan o que fixeron con Reganosa na ría de Ferrol.
sexta às 01:47·

Carlos Lopez
A parte o impacto supera o ámbito das fragas, sería unha desgracia para o río Belelle eoutros entornos, puto PP
sexta às 01:53·

Ayla Elenayla
estiveron moi ben, Xabier Amigo e un crack! falou da afeccion aos habitats prioritarios (q hai na zona!!) e Roberto o de Drosero tb explicou moi ben como afectaria aos morcegos abrir unha mina a ceo aberto nunha zona de paso e de comunicacion entre distintas poboacions. NON A MINA!!
sexta às 10:49·

Enlace de Referencia:

O Xoves 13 de Maio unhas charlas na Casa da Cultura d'A Capela, baixo o título: “A Fraga de Pico Vello - Un espazo a protexer”
____________________

quarta-feira, 12 de maio de 2010

Audio da entrevista a Fernado Rodríguez Lamela en Radio Fusión -

Entrevista en Rádio Fusión a Fernado Rodríguez Lamela

Audio en formato mp3:

Almudena Marcos e Fernando Rodriguez Lamela, da SGHN ,falan da protesta contra a explotación de andalucita na zona.

O roteiro convocado para o vindeiro sábado terá carácter formativo, á vez que reivindicativo. Segundo explicou a Radiofusión Fernando Rodríguez Lamela, membro da Sociedade Galega de Historia Natural, o percorrido realizarase sobre pistas e sendeiros nos que "os participantes poderán coñecer a fraga de Pico Vello, os aspectos xeolóxicos do xacemento, as afeccións da entulleira sobre os ríos, a fauna e a flora da zona, así coma outros aspectos etnográficos". Ao remate, xa pola tarde, os participantes terán oportunidade de visitar o Museo Etnográfico da Capela.

Dende que se publicou no DOG, o pasado 11 de marzo, o Estudo de Impacto Ambiental do proxecto, as organizacións ecoloxistas que se opoñen á explotación do xacemento de andalucita nas Pontes non cesan no seu empeño de paralizalo. Primeiro denunciaron, perante a Fiscalía de Medio Ambiente, a aprobación do Estudo de Impacto Ambiental "por irregularidades no proceso de tramitación", para logo iniciar contactos cos distintos Concellos da bisbarra para recabar o apoio das Corporacións Locais. O obxectivo final é protexer a zona, conquerindo a declaración de Espazo Natural Protexido ou promovendo a súa inclusión no Parque Natural das Fragas do Eume.

Fonte: radiofusion.eu
______________________

domingo, 9 de maio de 2010

Que falta na foto??? eh eh

[Vista panorámica d'As Pontes - Clicar acima da Foto para ampliar]

Foto do Blogue de Rafa Corral:
http://rafacorral.blogspot.com/


Valentín González Formoso, Alcalde d'As Pontes, apoia o proxecto de explotación mineira a ceo aberto de Picobello Andalucita S.L que destruiría a Fraga d'O Pico Vello.


Algunhas pinceladas da actividade "política" de Valentín González Formoso.

Ademais de ser o grande promotor da instalación dunha planta celulosa n'As Pontes, así como de dar-se o caso do traslado da celulosa de Pontevedra, ofrecía o territorio do concello para albergar a citada industria. Iso, un amante da destrución do territorio. Mais o peor é que con este programa foi co que se presentou ás eleccións locais de 2007 e gañou con maioría absoluta.

O seu traballo para Reganosa:

../.. "Noutras alegacións ao Porto Exterior, vese a man do Grupo Tojeiro, porque reclaman que non se trasladasen ao mesmo os tráficos do complexo petroquímico. Na pagina 43461 do BOE de 13 de decembro de 2000, hai un resumo da alegación en representación de Reganosa, como primeiro documento público no que se le a súa decisión de situar a Planta de Gas dentro da Ría en Punta Promontoiro porque manifestou que o traslado dos actuais concesionarios non poderá acordarse de modo forzoso senón voluntario. Esta alegación non deixa ver unha posición pechada en canto a situar a planta de gas dentro da ría, porque aínda non consideraban conveniente descubrir o seu xogo e estaban a medio terminar as obras do recheo para os peiraos que logo ofrecerían para Reganosa, facendo a competencia desleal ao Porto Exterior. Tamén se poden ler en devandito BOE varias alegacións contrarias a que se trasladen ao Porto Exterior os tráficos nocivos ou perigosos que existen dentro da Ría. Preséntaas Forestal do Atlántico, varias empresas do Grupo Tojeiro e Valentín González Formoso, natural d'As Pontes (figura como pescador, o que é falso) e que traballaba para o Grupo Tojeiro. Valentín González Formoso tiña como función, dentro de devandito Grupo, a compra de terras e casas en Mehá (Mugardos) e cara ao papel de "home bo" para dar a "estocada final" aos paisanos, dicíndolles que Roberto Tojeiro desexaba chegar a un acordo e ofrecía ata a posibilidade de que un familiar ou un fillo entrase a traballar no complexo petroquímico. Nas eleccións municipais de 2003, Valentín González Formoso saíu elixido na lista do PSOE d'As Pontes, despois de que este partido, a nivel local, botase do mesmo aos que eran críticos ou non compartían os axiomas relacionados coas bondades do Grupo Tojeiro". ../..

Detalle do libro "Muros de silencio. Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol" páxina 47 - Editado pola A.C. Fuco Buxán - www.fucobuxan.com - 2007 - Carmelo Teijeiro Menéndez, Enrique Barrera Beitía e Manuel Ángel Rodríguez Carballeira.
______________________ __________________

Colocadas unhas faixas que denuncian o proxecto mineiro na Fraga d'O Pico Vello

[Clicar acima da foto para ampliar]

[Clicar acima da foto para ampliar]

Colocadas unha faixas nas inmediacións da Fraga d'O Pico Vello que denuncián o proxecto mineiro de PicobelloAndalucita, SL.

Fotos enviadas por:
Elena Ärtäbrä elenuli@hotmail.com
____________________

Monte Fontardión - A capela

[Clicar acima da foto para ampliar]

Fontardión
http://www.panoramio.com/photo/7982164

Coordenadas:

43° 26' 16.56" N
8° 0' 12.36" W

Foto de manolofeal
Baixo Licenza Creative Commons
Attribution-Noncommercial-No Derivative Works
_______________

sábado, 8 de maio de 2010

Video sobre o atentado ecolóxico que suporía a explotación mineira na Fraga d'O Pico Vello

A Fraga d'O Pico Vello foi noticia na TV, "la Sexta", fixo-se eco das protestas ecoloxistas e calificou a pretensión de Picobello Andalucita, SL e a Xunta de Galicia, de permitir a explotación mineira, como "Atentado Ecolóxico" contra o medio ambiente.

"Logo de 12 anos de loita, os ecoloxistas ven preocupados como a Xunta aproba unha mina de andalucita a tan só 50 metros do Parque Natural das Fragas do Eume".



Fonte: Mourelo
_____________

Galería Fotográfica de Rafael Corral: Fontardión-Forgoselo - Xullo de 2007

[Para entrar nesta estupenda galería de diapositivos clicar acima da imaxe]


Enlace coa galería pública de Rafael Corral:

Enlace co carrusel de diapositivos en alta resolución:

Blogue de Rafa Corral:
http://rafacorral.blogspot.com/
__________________